A Lúa é o único satélite da Terra. Non emite luz, pero se ve iluminada porque o Sol reflicte a súa luz nela.Está feita de rochas e po, e case non hai aire.É o quinto satélite máis grande do Sistema Solar. É o obxecto máis brillante no ceo despois do Sol.
Tempo necesario para que a luz viaxe desde a Terra ata a Lúa.
A Lúa efectúa 3 movementos:
Rotación sobre o seu propio eixe: Tarda 28 días en dar unha volta completa sobre si mesma.
Translación ao redor da Terra: Tarda tamén 28 días en dar unha volta completa ao redor da Terra. É o mes lunar.
Rotación ao redor do Sol: Tarda aproximadamente un ano en dar unha volta completa ao redor do Sol.
A Lúa ten catro fases, que son as seguintes:
Lúa nova: A Lúa sitúase entre o Sol e a Terra. A cara non iluminada é a que queda en fronte da Terra. Por iso, non se ve a Lúa.
Cuarto Crecente: A Lúa sitúasede tal forma que desde a Terra só se ve un cuarto iluminado polo sol. Parece unha letra D.
Lúa Chea: A Lúa sitúase no lado contrario ao Sol e a súa cara totalmente iluminada atópase en fronte da Terra.Vémola entera.
Cuarto minguante: Desde a Terra só vemos un cuarto da Lúa iluminada polo Sol. Parece unha letra C.
No hay comentarios:
Publicar un comentario