O Universo e a representación da Terra

Blog de los alumnos de 3º ciclo de Ep. del coelgio Salesiano San Juan bosco de A Coruña no que profundizaremos sobre o universo e a Terra un traballo para os nenos de 2º de E.P

martes, 30 de abril de 2013

O Universo e o Sistema Solar



O Universo



O Universo é tan inmenso que non se pode medir en quilómetros. As cifras serían demasiado grandes! Por iso emprégase o ano luz, que é a distancia que percorre a luz nun ano. É igual a 9.460.000.000.000 Km. Todo se move no universo! Nós viaxamos a toda velocidade polo espazo: a Terra xira, o Sol xira e tamén os planetas, a nosa galaxia, as demais galaxias....



Hoxe sabemos que o universo ten un pasado, un presente e un futuro, e, polo tanto unha historia. Para a maioría dos científicos, esta comezou hai 15.000 millóns de anos cunha xigantesca explosión, o Big Bang, a grande explosión que se cre que xerou o Universo. As leis da física que coñecemos actualmente non nos permiten saber que foi o que aconteceu no instante da explosión, non obstante, si que podemos reconstruír o sucedido nunha pequena fracción de segundo despois da explosión inicial.







Dita explosión produciu a aparición da materia, a enerxía, o espazo e o tempo. 

En sucesivas etapas, estes elementos conformaron o Universo coñecido, no que se identifican millóns de galaxias.



O Universo




A teoría do Big Bang




Foi unha gran explosión.





Un segundo despois da explosión comezaron a formarse protóns e neutróns, e uns 400.000 anos despois a estes agregáronse electróns para formar átomos; e os átomos formaron moléculas, e estas logo foron nubes de gases, principalmente de hidróxeno e helio. Destas nubes xurdiron as estrelas, os planetas, os papaventos e os asteroides.





O noso Universo é finito ou infinito?


Esta é unha das respostas que á ciencia lle resulta máis difícil elaborar. Existen varias hipóteses, como por exemplo, as seguintes:

  • Volvendo ao principio: o noso Universo comezará a contraerse nalgún momento e aumentará a súa temperatura ata chegar novamente ao seu estado inicial (é o Big Crunch). 
  • Cara ao caos e o infinito: o Universo sofre un proceso de deterioración e desorde que leva ao caos. Pero este non conduce á morte do Universo, senón á expansión infinita. 
  • Non existe un só Universo, senón múltiples: o Big Bang é un fenómeno que se repite en distintas rexións do espazo e do tempo creando universos paralelos. 

O universo é o conxunto formado por todo o espazo e a materia que existe, e contén gran variedade de astros ou corpos celestes.





Que bonito nooooo?, os gustaaaa?.


Bueno,  esto é o que se pode ver desde os sitios sen luces.









O ser humano desde a antiguedade adicouse a observar  o ceo pola noite  e foi identificando os planetas e as estreslas. 
Pero o univeso e moi grande, cada día se fai máis grande.






Nestes vídeo os enseñará todo lo que podéis ver ou non se viaxais ao espazo. 










As Galaxias


As galaxias son un enorme conxunto de centos ou miles de millóns de estrelas, todas interaccionando gravitatorialmente e orbitando ao redor dun centro común.

Todas as estrelas visibles a simple vista dende a superficie terrestre pertencen á nosa galaxia, a Vía Láctea

O Sol é soamente unha estrela desta galaxia. Ademais de estrelas e planetas, as galaxias conteñen cúmulos de estrelas, hidróxeno atómico, hidróxeno molecular, moléculas complexas, compostas de hidróxeno, nitróxeno, carbono e silicio entre outros elementos, e raios cósmicos.





As galaxias presentan unha gran variedade de formas. Algunhas teñen un perfil globular completo cun núcleo brillante. Estas galaxias chamadas elípticas conteñen unha gran poboación de estrelas vellas, normalmente pouco gas e po, e algunhas estrelas de nova formación. As galaxias elípticas teñen gran variedade de tamaños, dende xigantes a ananas.











Pola contra as galaxias espirais son discos achatados que conteñen non só algunhas estrelas vellas senón tamén unha gran poboación de estrelas novas, bastante gas e po, e nubes moleculares que son o lugar de nacemento das estrelas. 













Outras galaxias en forma de disco denomínanse irregulares. Estas galaxias teñen tamén grandes cantidades de gas, po e estrelas novas, pero a súa disposición non é en forma de espiral, sitúanse preto das galaxias máis grandes. 


As Estrelas





Unha estrela é un gran corpo celeste composto de gases quentes que emiten radiación electromagnética, en especial luz, como resultado das reaccións nucleares que teñen lugar no seu interior. 



O Sol é unha estrela. Coa única excepción do Sol, as estrelas parecen estar fixas, mantendo a mesma forma nos ceos ano tras ano. En realidade, as estrelas están en rápido movemento, pero a distancias tan grandes que os seus cambios relativos de posición se perciben só a través dos séculos.






O número de estrelas visibles a simple vista dende a Terra calculouse nun total de 8.000,  4.000 no hemisferio norte e 4.000 no hemisferio sur. En calquera momento durante a noite, en ambos os dous hemisferios só son visibles unhas 2.000 estrelas, ocultadas pola néboa atmosférica  e a pálida luz do ceo.
Os astrónomos calcularon que o número de estrelas da Vía Láctea, a galaxia á que pertence o Sol, ascende a centos de miles de millóns. Á súa vez, a Vía Láctea só é unha dos varios centos de millóns de galaxias visibles mediante os potentes telescopios modernos. 



A estrela máis próxima ao noso sistema solar é Próxima Centauri, que está a uns 40 billóns de quilómetros da Terra. 



Os tipos espectrais





A cor, primeiro criterio de clasificación das estrelas, débese á temperatura da súa superficie. De acordo con el, as estrelas clasifícanse nos chamados tipos espectrais: O, B, A, F, G, K, M e L. Así, as estrelas azuis son as que teñen unha temperatura superficial máis elevada (estrelas de tipo O), mentres que as estrelas vermellas son aquelas cuxa temperatura superficial é menos elevada (estrelas de tipo M e L). 






A medida que pasan os anos, a súa temperatura descende e a súa cor vai cambiando do azul o branco, o amarelo, o laranxa,e finalmente, o vermello.




Sabías que???


As estrelas non aparecen sempre soas no firmamento, como o noso Sol. Frecuentemente agrúpanse formando sistemas dobres e cúmulos estelares. Os sistemas dobres están formados por dúas estrelas que xiran ao redor dun centro común. Existen tamén sistemas triplos.



Os cúmulos estelares son un grupo de estrelas que están ligadas pola atracción gravitatoria entre elas. Hai os de dous tipos: abertos, con só unhas decenas ou centos de estrelas, e globulares, formados por miles de estrelas.










Que é unha constelación?

Unha constelación é un grupo de estrelas que toma unha forma imaxinaria no ceo nocturno. Son nomeadas usualmente en honor a carácteres mitolóxicos, xente, animais e obxectos. En diferentes partes do mundo, a xente inventou diferentes formas para os mesmos grupos de estrelas brillantes. Isto é como un xogo de conectar puntitos nunha folla de papel. No pasado, a creación de imaxes imaxinarias das estrelas foi útil para a navegación na noite e para seguir o curso das estacións. 

Entre as constelacións máis coñecidas podemos atopar Osa Maior, Orión ou a Cruz do Sur.





Planetas




A palabra planeta significa en grego "errabundo" (Que vai dun lugar a outro, sen elixir lugar fixo).



Un planeta é un corpo que non emite luz e que orbita arredor do Sol ou outra estrela. Calquera dos oito corpos celestes máis importantes que están en órbita arredor do Sol e brillan polo reflexo da súa luz (A Luz solar) xa que non teñen luz propia son planetas.

No seu xiro, describen dous movementos:

  • rotación: xiran sobre si mesmos ao redor do eixe. Isto determina a duración do día do planeta.
  • traslación: escriben órbitas ao redor do Sol. Cada órbita é o ano do planeta.



O conxunto formado por unha estrela central e varios astros que xiran ao redor dela é un sistema planetario, por exemplo o Sistema Solar.







Asteroides, cometas, planetas ananos e meteoroides son corpos menores que tamén teñen ao Sol como astro primario, é dicir, non son satélites dun planeta, recentemente Plutón foi considerado polos astrónomos como planetoide ou planeta anano, polo cal o noso sistema solar pasou de nove planetas a oito.





Satélites








Un satélite é un obxecto secundario que gravita nunha órbita pechada ao redor dun planeta. Non emiten luz.

A Lúa é o satélite da Terra, se ben a Lúa e a Terra teñen un tamaño tan similar que se lles pode considerar nalgúns momentos como un sistema de dous planetas. 

O movemento da maior parte dos satélites coñecidos do sistema solar ao redor dos seus planetas é directo, é dicir, de oeste a leste e na mesma dirección que xiran os seus planetas. 

Non todos os planetas teñen satélites.





Asteroides








Os asteroides son obxectos rochosos e metálicos que orbitan ao redor do Sol pero que son demasiado pequenos para ser considerados como planetas. Coñécense como planetas menores, e xiran en órbitas elípticas, sobre todo entre as órbitas de Marte e Xúpiter. 




Cometas




Os cometas son corpos celestes de formas irregulares, fráxiles e pequenos, compostos por unha mestura de grans non volátiles e gases conxelados (teñen un aspecto nebuloso).

Teñen órbitas moi elípticas que os leva moi preto do Sol e devólveos ao espazo profundo, frecuentemente máis alá da órbita de Plutón. 

Caracterízanse por unha cola longa e luminosa, aínda que isto só se produce cando o cometa encóntrase nas proximidades do Sol.




Meteoritos


A palabra meteorito significa fenómeno do ceo e describe a luz que se produce cando un fragmento de materia extraterrestre entra á atmosfera da Terra e se desintegra.

Unha meteoroide é materia que xira arredor do Sol ou calquera obxecto do espazo interplanetario que é demasiado pequeno para ser considerado como un asteroide ou un cometa. As partículas que son máis pequenas, aínda reciben o nome de micrometeoroides ou grans de po estelar, o que inclúe calquera materia interestelar que puidese entrar no sistema solar. 

Tipos

Os meteoritos demostraron ser difíciles de clasificar, pero pódense establecer tres grandes grupos: rochosos, ferrosos de tipo rochoso e ferrosos.






O Sistema Solar




A Terra forma parte dun grupo de astros situados nun dos brazos da Vía Láctea. É o Sistema Solar, o <<barrio>> no que temos o noso hogar especial.




Se puidésemos observar a Vía Láctea dende fóra dela, veriamos o centro avultado, amarelo e brillante, con forma de balón de rugby, e un delgado disco de cor azulada xirando ao redor.

A Vía Láctea ten forma espiral barrada, como un muíño. Crese que no centro hai un burato negro, que os científicos chaman Saxitario A. O centro non é redondo, senón algo alongado. Preto del están as estrelas máis vellas, vermellas e amarelas. 

Do centro nacen catro brazos: Brazo de Perseo, Brazo de Orión, Brazo de Saxitario e Brazo de Cruz Centauro, formando un disco que xira lentamente en espiral. 


A Vía Láctea é unha galaxia grande. Mide 100.000 anos luz de diámetro e contén máis de 200.000 millóns de estrelas. A súa gravidade é tan poderosa, que atrae a outras galaxias próximas máis pequenas.



A Terra está a 25.000 anos luz do centro da galaxia, nunha zona pouco poboada do Brazo de Orión. O noso Sistema Solar tarda 225 millóns de anos en dar unha volta completa á Vía Láctea.



Por que se chama Vía Láctea?



De noite, a Vía Láctea vese como unha franxa branca que cruza todo o ceo. En latín, Vía Láctea significa camiño de leite. Segundo a mitoloxía grega, o deus Zeus tivo un fillo cunha mortal. Cando Hera, a súa muller, se decatou, arrancou o bebé de brazos da súa nai mentres o aleitaba. O leite derramouse e caeu polo ceo. 












Os compoñentes do Sistema Solar




O Sistema Solar é un conxunto de astros formado por unha estrela central, o Sol, os planetas e os seus satélites, os cometas e os asteroides.

Sol é unha estrela amarela de uns 696.000 km de radio, e su masa é unhas 330.000 veces mayor ca da Terra.



Os planetas son astros que xiran ao redor do Sol segindo unhas traxectorias case circulares, chamadas órbitas.


EL SOL








O Sol é o astro central do Sistema Solar, ao redor do cal xiran os planetas, atraídos pola forza gravitatoria da súa inmensa masa.

O Sol é unha estrela, é dicir, unha inmensa bóla de gas quente, pero a diferenza das demais estrelas é a única próxima á Terra.

Ao igual que a gran maioría de estrelas, o Sol obtén a súa enerxía transformando unha parte da súa materia en enerxía, mediante reaccións nucleares de fusión.

Durante toda a súa vida, que durará uns dez mil millóns de anos, o Sol perderá menos do 0,1% da súa materia.



Planetas terrestres ou interiores


Reciben este nome os catro planetas do  sistema solar máis próximos ao sol, é dicir, Mercurio, Venus, a Terra e Marte. Ás veces tamén son chamados planetas interiores.

Estes corpos celestes teñen unha serie de características comúns:

  • son máis pequenos que os xigantes gasosos, sólidos e de aspecto rochoso.
  • a temperatura de superficie elevada.
  • tardan menos tempo en xirar ao redor do Sol (traslación).
  • densidade media ao redor de 5 g/cm3.
  • a súa composición é bastante semellante.
  • posúen poucos satélites.





MERCURIO, O PLANETA MENSAXEIRO







Mercurio recibiu este nome dos romanos polo mensaxeiro de pés alados dos deuses xa que parecía moverse máis rápido que ningún outro planeta. 



É o planeta máis próximo ao Sol, e o segundo máis pequeno do Sistema Solar. 

Os planetas terrestres presentan unha serie de diferenzas destacadas. 

Un planeta tan pequeno como Mercurio, ten unha gravidade moi débil, insuficiente para reter os gases e ter unha atmosfera. A ausencia de atmosfera ten dous efectos importantes: en primer lugar, ao non existir axentes atmosfericos que alteren a paisaxe, as pegadas dos impactos dos meteoritos non se borran, de aí a superficie cuberta de cráteres. En segundo lugar, non existe o efecto invernadoiro que suavice as temperaturas, de xeito que hay uns importantísimos contrastes entre a parte escura e a iluminada polo Sol, de xeito é o planeta con maior diferencia entre as temperaturas máximas e mínimas.



VENUS


Venus, é o segundo planeta desde o Sol,  recibe o nome da deusa romana do amor e a beleza, pero, en realidade é un inferno con temperaturas altas, unha atmosfera moi tóxica e ventos de gran velocidade.


É o obxecto máis brillante do ceo, despois do Sol e a Lúa. A este planeta chámaselle o luceiro da alba cando aparece polo Leste ao amencer e o luceiro da tarde cando está situado ao Oeste ao atardecer.

Debido ás distancias das órbitas de Venus e a Terra desde o Sol, Venus non é visible nunca máis de tres horas antes do amencer ou tres horas despois do ocaso. Os primeiros astrónomos pensaron que Venus podería ser en realidade dous corpos separados.



TERRA, O PLANETA AZUL



O tercer planeta do Sistema Solar é único, a Terra, un cúmulo de circunstancias especiais (a súa distancia ao Sol, a existencia de atmosfera, a presenza de auga líquida....) fan que sexa un planeta apto para a vida, tal como a coñecemos.


Para un viaxeiro espacial, as características distintivas da Terra son as augas azuis, masas de terra café e verde e nubes brancas contrastando cun fondo negro.


Que é o que fai diferente á Terra do resto dos planetas do Sistema Solar?

Dende o punto de vista planetario, a Terra é un planeta rochoso, de feito, é o prototipo de planeta sólido, con varias capas: codia, manto e núcleo. Por esta condición diferénciase dos planetas gasosos. E de entre os interiores, a Terra destaca por se o único que alberga a vida.

Que a Terra sexa una planeta axeitado para o desenvolvemento da vida depende de varios factores. En primeiro lugar, a distancia ao Sol, máis preto da estrela, as temperaturas serían demasiado altas; máis lonxe, demasiado baixas para a vida. En segundo lugar, a existencia de atmosfera que suaviza as temperaturas, elévaas (efecto invernadoiro) e protéxenos de radiacións nocivas procedentes do Sol. E, por último, a existencia de auga líquidaO 71% do noso planeta é auga.



MARTE, O PLANETA VERMELLO



Marte é o cuarto planeta dende o Sol e o sétimo en canto a masa. Adoita recibir o nome de Planeta Vermello. As rochas, chan e ceo teñen unha tonalidade avermellada ou rosacea. Esta característica cor vermella foi observada polos astrónomos ao longo da historia. 



Os romanos déronlle nome en honor do seu deus da guerra. Outras civilizacións teñen nomes similares. Os antigos Exipcios chamárono Her Descher que significa o vermello.



Marte ten dous pequenos satélites con cráteres, Fobos e Deimos.


É unha capa gasosa moi desgada. Ademais a súa temperatura media está moi por debaixo dos 0ºC.
O aspecto marcadamente vermello da superficie de Marte está relacionado coa gran presenza de óxidos de ferro de cor vermella, que se achan na composición dos materiais da superficie marciana.



Xigantes gasosos ou planetas exteriores


Coñecemos con este nome aqueles planetas do sistema solar que teñen un gran tamaño en comparación cos planetas terrestres. Estes planetas son Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno. 

Caracterízase por:


  • Ser os máis afastados do Sol.
  • A superficie de cada un destes planetas ten unha temperatura moi baixa.
  • Tardan máis tempo en xirar ao redor do Sol (traslación)
  • Son de maior tamaño, constituídos fundamentalmente por gases e rodeados de aneis formados por pequenas partículas.
  • Ter un núcleo rochoso rodeado dunha atmosfera moi densa cuxo diámetro é moito maior que o do núcleo. 


Que é un planeta gasoso?

Os planetas gasosos, son os que no teñes unha superficie sólida: o que se ve desde o exterior é a parte externa dunha gruesa atmosfera. Pénsase que todos eles teñen un núcleo rochoso.



SATURNO



Se hai algo que todos os observadores do ceo están de acordo, é que Saturno ofrece a máis bela imaxe que se pode contemplar cun telescopio. O inmenso astro dos aneis, é para moitos, o seu planeta favorito.



Os aneis de Saturno están formados por fragmentos de rocha e de xeo. Aínda que a súa nitidez e brillo poderían facer pensar que conteñen unha gran cantidade de materia, non é así, son moi finos.

Dende a Terra obsérvanse só tres grupos de aneis: A, B e C. A e B son os máis visibles, e están separados polo espazo chamado división de Cassini, pero a exploración do planeta revelou, en realidade, que o sistema está formado por un número moi superior de aneis. 



Aínda que non tivese aneis, Saturno sería un planeta impresionante, case tan grande como Xúpiter e, aínda que cando se observa dende a Terra aparece como unha esfera uniforme, de cor amarelenta, as sondas espaciais encontraron na súa superficie nubes que debuxan patróns.
A estrutura interna é similar á de Xúpiter. A súa atmosfera está composta por hidróxeno (75%) e helio (25%). Tamén ten a capa interna de hidróxeno metálico líquido, como Xúpiter, e un núcleo rochoso.

Coñécense 33 satélites de Saturno, dos que só se nomearon 30. Algún dos máis importantes son: Mimas, Encélado, Tetis, Dione,Rhea, Titán, Hiperión, Iapeto, Phoebe.


XÚPITER, O REI DOS PLANETAS



O planeta xigante é o primeiro do reino dos planetas exteriores. É tan grande que, a pesar de estar moi lonxe da Terra, con só uns prismáticos podemos observar o seu disco e descubrir catro dos seus satélites.



O seu nome fai referencia ao rei dos deuses na mitoloxía grecorromana. Dalgunha forma, considerouse con esta denominación que Xúpiter era o rei dos planetas do Sistema Solar. Non podemos afirmar que o sexa, pero si que é o máis grande de todos.



A superficie de Xúpiter presenta bandas de cor. Este bandeado débese ás nubes da espesa atmosfera. Na súa superficie obsérvase tamén unha formación característica, a gran mancha vermella, unha rexión de altas presións atmosféricas, con nubes máis altas e frías que as circundantes.

Xúpiter é un planeta con aneis. De feito, todos os planetas gasosos teñen aneis, aínda que son moito menos brillantes que os de Saturno. Os de Xúpiter son moi tenues e escuros, e están formados por material rochoso.

Xúpiter ten máis de 60 satélites: catro deles grandes (chamados galileanos). Os oito satélites más próximos ao planeta son: Metis, Adrastea, Amaltea, Thebe, Io, Europa, Ganímedes e Calisto.


URANO, O SÉPTIMO PLANETA



Urano é un mundo cuberto por unha espesa atmosfera, como é habitual nos xigantes gasosos, formada por hidróxeno (83%), helio (15%) e metano (2%). O seu interior carece da capa de hidróxeno metálico líquido propia de Xúpiter e Saturno.



A superficie está formada pola capa de externa da atmosfera, e nela só aprécianse as nubes se se tratan de fotografías e se intensifican as cores. Como todos os gasosos, ten aneis, escuros e difíciles de observar.



O planeta Urano presenta rotación retrógada (en sentido contrario á terrestre), pero, ademais, ten outra peculiaridade: o seu eixe de rotación non é perpendicular á eclíptica, senón case paralelo.

Urano ten 27 satélites. Os máis grandes son: Miranda, Ariel, Umbriel, Titania e Oberón.


NEPTUNO

.




A intensa cor azul de Neptuno non ten nada que ver cos océanos. Su superficie visible corresponde ás capas máis externas da súa grosa atmosfera. A composición e estrutura do planeta é similar á de Urano.


Neptuno foi descuberto en 1846 por Galle e D ´ Arrest.

A diferenza de Urano, na superficie de Neptuno aprécianse bandas de nubes e algunhas formacións interesantes. Unha desas formacións é a chamada gran mancha negra do hemisferio Sur, que se trataba dunha zona tormentosa, similar á de Xúpiter, e nos seus arredores se mediron ventos por máis de 1.000 Km/h.

Coñécense 13 satélites. Os máis grandes son os seguintes: Proteo, Tritón e Nereida.



É.......nos confines do Sistema Solar atópase o derradeiro dos nove planetas, Plutón, acompañado polo seu satélite Caronte.


PLUTÓN, O MÁIS PEQUENO DA FAMILIA

Plutón é o máis pequeno e o máis alonxado do Sol.
Plutón non se considera planeta.

Plutón é un pequeno mundo xelado composto probablemente por xeo e rochas, cunha atmosfera moi tenue e cuxa composición descoñecemos. 












lunes, 29 de abril de 2013

A Terra

A Terra é o terceiro planeta do Sistema Solar e o único onde se cre que a temperatura é a correcta para poder vivir.




A Terra ten un satélite chamado a Lúa. Éste satélite xira arredor da Terra.





Como todos os planetas, a Terra describe dous movementos, de rotación e de translación.

MOVEMENTO DE ROTACIÓN:

O movemento de rotación consiste en que a Terra xira sobre ela mesma. A Terra tarda 24 horas en dar unha volta completa sobre si mesma. Este movemento se realiza xunta ao de translación, que veremos deseguido.

MOVEMENTO DE TRANSLACIÓN:

O movemento de translación consiste en xirar ao redor do sol mentras xira sobre ela mesma. A Terra tarda 365 días e 6 horas en realizar este movemento.


¿ Cómo se formou o planeta Terra?

A Terra, ao igual que otros moitos planetas, formouse hace uns 4500 millóns de anos. Se supón que formouse ao condensarse o polvo da nebulosa solar, despois fóronselle agregando fragmentos doutros corpos planetarios. Así, a Terra foi crecendo ata alcanzar un tamaño igual ao actual.A


As estacións do ano

O movemento de translación, tamén fai que as estación do ano cheguen. As estación do ano son:

Primavera: Os raios de sol chegan menos inclinados e van quentando máis. As temperaturas ascenden e as horas de luz tamén.
Verán: Os raios de sol chegan perpendiculares á Terra e quentan moito. Va máis calor e hai máis horas de luz que de escuridade.
Outono: Os raios de Sol chegan lixeiramente inclinados e quentan cada vez menos. As temperaturas baixan e o número de horas de luz diminúe.
Inverno: Os raios de Sol chegan moi inclinados e quentan pouco. As temperaturas son moi frías e hai máis horas de escuridade que de luz.



domingo, 28 de abril de 2013

As eclipses e a terra e as súas capas

As eclipses

A eclipse é o escurecemento dun corpo celestre por outro.
Poden ser de dous tipos:






- Eclipse de Sol: é cando a Lúa interponse entre o Sol e a Terra e non podemos velo.

A Lúa, seguindo a súa órbita ó redor da terra, pasa cada mes entre o Sol e a Terra durante a fase de lúa nova. Normalmente, a Lúa, vista desde a Terra pasa por enriba ou por debaixo do Sol. Pero algunhas veces, a Lúa pasa exactamente por diante do Sol, producíndose unha eclipse de Sol. Isto ocorre normalmente entre dúas e catro veces ó ano.

Durante unha eclipse de Sol, nunha zona moi reducida da Terra a luz solar é ocultada pola Lúa. Nun curto espazo de tempo (uns minutos), faise de noite e pódese ver as estrelas do ceo. 

A Lúa oculta por completo ó Sol sólo nunha zona moi reducida da terra ( eclipse total ). Nunha zona moito máis amplia prodúcese unha eclipse parcial donde a Lúa só oculta parcialmente o Sol.

Hai un factor adicional que fai especialmente interesantes as eclipses de Sol. A Lúa e o Sol vistos desde a Terra teñen o mesmo tamano aparente.


O sol é moito maior ca lúa unhas 400 veces, pero tamén está 400 veces máis lonxe, polo que os dous efectos compénsanse.

Débese Lembrar sempre  que para poder ver unha eclipse solar hai que utilizar protectores para os ollos e compre que sexa de día.







- Eclipse de Lúa: Este fenómeno astronómico prodúcese cando están alineados na mesma liña co Sol, a Terra e a Lúa.


Debido ca terra interponse entre a Lúa e o Sol, impide ca luz solar chegue a Lúa e por iso por unhas horas non podemos vela.

Cando a terra interponse entre o Sol e a Lúa na mesma liña proxecta unha sombra que chega ata a Lúa. Nela pódense distinguir dúas partes: A umbra, que é o sector de sombra total, e a penumbra, que é o sector de sombra máis atenuada.


A eclipse total de Lúa ocorre cando ésta entra por completo na umbra; si se adentra parcialmente, será eclipse parcial.

Para ver unha eclipse de Lúa compre que sea de noite. A lúa verémosla cunhas características particulares: pode estar máis brillante, pode ter un halo ca fai parecer máis grande, pode aparecer semioculta ou oculta totalmente ou incluso aparecer de cor avermellado.

En promedio ocorren máis eclipses solares que eclipses luares. Pero estas últimas son vistas ó mesmo tempo en todo o hemisferio terrestre en donde é de noite, a diferenza das eclipses solares que só son visibles nunha parte do hemisferio en donde é de día.

                                                                                                             










A terra

A terra é un planeta que tamén forma parte do sistema solar.
 É de forma esférica e esta lixeramente achatada polos polos. É un planeta pequeno, o seu diámetro ecuatorial é de 12.756 Km e o seu diámetro polar é de 12.714 Km .

A Terra, vista desde o espazo, aparece como unha esfera de cor azul con manchas de nubes blanquecinas, oscuros mares e Terra marrón por iso coñécesela como o planeta azul.


A posición do noso planeta no Sistema Solar e a súas principais características físicas, como a temperatura, a densidade, o estado físico dos materiais, as propiedades da atmosfera, etc..., fan ca Terra se diferencie do resto dos astros que compoñen o Sistema Solar. Sobre todo, porque é o planeta da vida.

Na Terra coesisten os tres estados físicos: gasoso na atmosfera, líquido na hidrosfera e nalgunhas capas internas da terra e sólido nos materiais rochosos.


A temperatura media da terra é de 15ºC. Esta temperatura permite ca auga se atope na Terra nos tres estados: xeo, líquido e vapor.





As capas da terra

Na Terra distínguense diferentes capas: xeosfera, hidrosfera, atmosfera e biosfera.

- A xeosfera: É  a parte sólida do planeta. Esta formada polos continentes, o fondo dos mares e todo o que se atopa debaixo destes.

Para poder estudar o seu interior, só pódese profundizar uns poucos kilómetros, por iso son necesarios métodos indirectos como o estudo dos meteoritos e o estudo da sismoloxia. 

Existen dous modelos da estructura da xeosfera:
    - Modelo estático 
    - Modelo dinámico

Modelo estático:  Este modelo básase na composición dos materiais que forman as distintas capas do planeta. Sengún isto a xeosfera está formada por tres capas:
           - A corteza
       - O manto
           - O núcleo

A corteza: É  a capa externa da terra. Distinguense dúas partes:
           - A corteza continental, con materiais de composición e idade variada.
           - A corteza oceánica, máis homoxènea e formada por rochas relativamente xóvenes desde o punto de vista xeolóxico.

O manto: Atópase debaixo da corteza. É moito máis uniforme  , pero con dous sectores de composición lixeramente distinta:
            - O manto superior, no que destaca a presenza de olivino.
        - O manto inferior, con materiais máis densos, como os silicatos.

O núcleo: É  a capa máis interna. Caracterízase por a  súa elevada densidade debido á presenza de aleacións de ferro e niquel nos seus materiais.
O núcleo interno podería estar formado por ferro puro.



Modelo dinámico: Según este modelo as capas do interior da terra son: 
       
          - Litosfera: É  a máis externa comprende a corteza e parte do manto superior. É unha capa ríxida.
         
          - Astenosfera: Equivale á parte menos profunda o manto. É unha capa plástica na que a temperatura e a presión alanzan valores que permiten que se fundan as rochas nalgúns puntos.
        
          - Mesosfera: Equivale ó resto do manto. Nesta zona en contacto co núcleo pode haber materiais fundidos.
        
          - Endosfera: Comprende o núcleo externo e o núcleo interno. O núcleo externo, debido a estudos de propagación das ondas sísmicas, viuse que está composto por materiais fundidos, xa que nesta zona interrómpense a trasmisión dalgunhas das ondas.

- A atmosfera: É  a capa de gases que envolve o planeta. Estes son:

    
      - O osíxeno
      - O dióxido de carbono
      - O vapor de auga...

A terra é un gran invernadero na que a cubierta é a atmosfera. Determinados gases atmosfércos, como o dióxido de carbono, son os responsables de que a atmosfera actúe deixando pasar a radiación infravermella do Sol, que calenta a superficie, e impedindo que abandone inmediatamente a atmósfera. Así a presenza da atmosfera suaviza a temperatura do planeta ( a medida é de unos 15º) e favorece o mantenemento da vida.


O efecto invernadoiro da atmosfera é un fenómeno natural, e unha das claves de que o 
planeta sexa apto para albergar a vida. Pero o incremento de ese efecto é un grave problema medioambiental que débese o aumento da concentracción dos gases de invernadoiro na atmosfera.









Esta concentración anormal destos gases fai co efecto invernadeiro intensifíquese, o cal pode conducir, en moi pouco tempo, a un calentamento global, que sería perigroso para la vida no planeta.





O efecto protector da capa do ozono

Para a Terra, as máis importantes radiacións solares son:
   
     - A infravermella
     - A ultravioleta

A infravermella é a responsable do calentamento natural do  planeta que prodúcese polo efecto invernadoiro da atmosfera.

A ultravioleta é moi enerxética, tanto, que se chegara a superficie da terra, podería causar danos aos seres vivos.
Considérase que é canceríxena.

A capa do ozono estratosférica exerce a importante función de repeler a radiación ultravioleta.
Na actualidade, debido ó debilitamento da capa do ozono nas zonas polares, detéctase un aumento desta radiación na superficie terrestre en ditos lugares. 
Os famosos buratos da capa do ozono deixan entrar máis radiación ultravioleta do normal, o cal está causando os primeiros daños nos animais destas rexións.


- A hidrósfera: Todas as augas do planeta forman a hidrosfera, a capa fluida que cubre o 71% da superficie terrestre e que, desde o espacio, vese como a característica máis distintiva do astro. Ningún otro planeta do Sistema Solar posúe unha capa acuosa como a terra. Ademais o auga líquida, notablemente abundante no noso planeta, constitúe unha excepción, xa que noutros astros só existe en cantidades moi pequenas, o en forma de xeo.

A hidrosfera está  formada polos océanos e as augas continentais, xa sexan estas de ríos, lagos o subterráneas, e polos xeos polares e das montañas. Estas augas encóntranse en constante movemento , tanto pola superficie da terra como pola atmosfera, donde chegan mediante a evaporación. Este ciclo é tan activo  que constitúe o maior movemento das masas de materia no noso planeta, e afecta no só a auga, senon que tamén afecta aos materiais que forman a xeosfera. Estes son erosionados, arrastrados e disoltos polo auga, transportados e depositados en lugares lexanos. En boa medida,o auga é responsable do aspecto do relieve en moitos puntos da Terra.
                                                                                   

O auga é o ambente no que viven e se moven unha gran cantidade de seres vivos. De tódolos conxuntos o almacenes de auga que hai no planeta, o máis extenso e profundo é o océano. A súa profundidade media é de casi 4.000 m . Ao seu lado, o resto dos almacéns de auga do planeta son insignificantes.





- A biosfera: A biosfera, constituida polo conxunto dos seres vivos, é un estrato  de uns 10 Km que comprende as terras emergidas, parte das augas e a parte inferior da atmosfera. A biosfera divídese a súa vez en varios ecosistemas, cada un dos cales  comprende un grupo de seres vivos e o ambiente físico  no que se hallan.